Pulpada en Bértoa con música de Los Coleguitas

0
594

Esta fin de semana celébranse as festas de Santa Eufemia en Bértoa, no concello de Carballo.


O venres 16 de setembro haberá unha misa ás 13,30h e sesión vermú amenizada polo grupo Alborada. Pola noite verbena coa orquestra New York e a discoteca móbil CDC.

Pulpada en Bértoa


O domingo 18, haberá misa ás 13,30h, sesión vermú cunha actuación musical. A partires das 15,30h celebrarase a tradicional “Pulpada”. O broche será a actuación de Los Coleguitas de Venezuela.


O prezo dos tickets para os adultos é de 35 euros e para os nenos entre 5 e 12 anos é de 20 euros. O menú está composto por empanada, pulpo, carne ao caldeiro, bebida, postre e café.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí