Segunda parte da entrevista a Xesús Deus Gende secretario xeral de Xuntos Carballo e portavoz autonómico de M+J. Ligazón á primeira parte aquí.
P- Xuntos Carballo M+J presentarase as vindeiras eleccións municipais?
R- Rotundamente si, e con inmensa gratitude pola miña banda por ser nomeado para encabezar a listaxe, que por certo xá está rematada.
P- Percibides na rúa conformismo ou sensación de gañas de que haxa cambios na política carballesa?
R-Polos quilómetros que levamos feito por todo o concello e o continuo periodo de escoita na rúa a xente quere cambio.Un goberno esgotado e unha oposición inexistente,fan necesario que unha formación municipalista coma a nosa , empece a loitar por facer un Carballo máis Xusto. Somos a forza do cambio.
P-Por último, como está sendo esta túa nova experiencia política Xesús?
R-Eu sempre me movin polo ben común. Nunca cobrei un peso da política,senon todo o contrario,gastei do meu peto.S on político de vocación , non de profesión.
Ainda penso que podo facer algo para que o mundo sexa un lugar mellor.Aprendin que moitos/as políticos de profesión tan só enganan e aproveitan a boa fe de persoas con ideas,para manipular,enganar e encher os petos .
Batiburrillos de siglas que non son máis que un engano para acadar poder. Actualmente moi contento, por ser referente de Xuntos Carballo M+J e portavoz autonómico de M+J Galicia
