Visitou as obras de reurbanización das rúas Desiderio Varela e Ponte e a travesía de Sísamo.
O presidente da Deputación provincial da Coruña, Valentín González Formoso, achegouse a Carballo onde visitou os traballos de reurbanización das rúas Desiderio Varela e Ponte, que contaron cun investimento de máis de 365.000 euros.
Acompañaron a Formoso o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o deputado provincial Xosé Regueira e varios concelleiros do BNG e do PSOE da corporación local.
«O principal obxectivo destas actuacións foi humanizar estas rúas, facéndoas máis seguras para os peóns, e eliminando os bordos e as diferenzas de alturas para garantir a accesibilidade universal» asegurou o presidente da Deputación coruñesa.
Tamén visitaron a travesía de Sísamo onde se rematou a primeira fase das obras, financiadas polo organismo provincial con 418.420 euros. O goberno de Carballo xa presentou o proxecto da segunda fase cun orzamento previsto de 800.000 euros.