O PP pide que o concello de Carballo respalde á Policía Nacional e á Garda Civil

0
776

Aurelio Núñez defenderá a moción no pleno do concello de Carballo.

 

O portavoz do PP de Carballo,Aurelio Núñez, anunciou que levará ao pleno municipal unha moción para que a corporación local mostre o seu “respaldo incondicional” a Policía Nacional e á Garda Civil, no seu labor en Cataluña.

 

“É inxusto e intolerable que se trate a estas persoas, moitas delas galegos e galegas e algunhas pertencentes ao cuartel de Carballo, como inimigos cando están a actuar como servidores públicos”, afirmou Núñez Centeno.

 

Os populares incluíron tamén na súa moción unha petición para que o Concello de Carballo inste ao conxunto de institucións españolas a utilizar con determinación e firmeza todos os mecanismos que, en defensa da soberanía nacional e do interese xeral de España, atribúelles a Constitución.