O BNG demanda un centro de especialidades para evitar o desmantelamento da sanidade pública.
O BNG de Carballo demanda a creación dun centro de especialidades que “garanta unha asistencia sanitaria de calidade” fronte ao “desmantelamento” da sanidade pública “por parte do goberno da Xunta”.
Desde o consello local do BNG denuncian a insuficiencia de pediatras concordando coas demandas de distintas familias carballesas. Tamén falan da redución de días de consulta de ciruxía ou toco-xinecoloxía.
Este centro de especialidades serviría para prestar os servizos deficientes e prestar outros novos, como o de medicina interna, e sería o primeiro paso para contar cun Hospital comarcal.