A cita será o vindeiro sábado 7 de outubro ás 19,00h no Pazo da Cultura de Carballo.
Nove colectivos organizan unha charla informativa sobre a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia que se está tramitando no Parlamento de Galicia e que os promotores desta xornada cualifican como a “lei de depredación de Galiza».
7 de outubro en Carballo
A cita será o vindeiro sábado 7 de outubro ás 19,00h no Pazo da Cultura de Carballo. As entidades convocantes son Asoc. Petón do Lobo, Plataforma pola defensa da terra de Coristanco, a Asoc. ambiental Contramínate de Laxe, a Asoc. de Veciños de Cereo, a Asoc. veciñal, cultural e deportiva “Lourido” de Valenza, a Asoc. galega Cova Crea, a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Asoc. de amig@s das árbores “Ouriol do Anllóns” e Contraminacción.
Estas entidades entenden que esta lei, entre outras cousas, vai a “poñer o noso territorio en bandexa ás empresas mineiras e eólicas, eliminando garantías ambientais e reducindo prazos nas tramitacións”.