O concello de Cabana de Bergantiños denunciou uns actos vandálicos e piden
a colaboración da veciñanza “para identificar ás persoas que vandalizaron con motocicletas e quads o novo paseo do municipio”.
Desde o goberno local condenan este tipo de actos «que perxudican tan gravemente ao patrimonio do municipio».
Informan que os actos tiveron lugar durante esta fin de semana e afectaron ao itinerario á altura da praia do Curro.