O Pendón acollerá unha Taberna Mariñeira

0
1266

Media ducia de empresas aspiraban a realizar este proxecto.

 

A empresa López Cao iniciará en breve as obras para converter un inmoble situado nas inmediacións da praia do Pendón de Cabana de Bergantiños nun centro de interpretación, degustación de produtos do mar e promoción do estuario do Anllóns.

 

Este inmoble de dúas plantas acollerá unha zona de degustación, unha cociña e unha lareira na planta baixa e unha zona de interpretación, exposición e almacén no parte superior. Tamén se habilitará un miradoiro para poder gozar das paisaxes do Anllóns e da ría de Corme e Laxe.

 

O orzamento da obra ascende a 177.000 euros. O concello de Cabana de Bergantiños conta cunha axuda dun 85% a través de fondos europeos.

 

Foto-Turismo de Galicia