María Carmen Vila propón un Carballo “para todos e todas”

0
467

O Pazo da Cultura acolleu a presentación de María Carmen Vila Blanco como candidata á alcaldía de Carballo.

A candidata explicou os eixos do seu programa electoral que recolle accións como a humanización da contorna do Pavillón da Grela na Ponte Rosende, a apertura dunha liña directa para a aportación de ideas por parte da veciñanza, a creación de novas zonas verdes, ou a colocación de balizas polo casco urbano para facela máis accesible aos residentes con discapacidade visual.

Vila estivou arroupada polo secretario xeral do PSOE na provincia da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, e de Pilar Cancela, secretaria de Estado de Cooperación Internacional.

Ambición por Carballo

“Temos ánimo, temos forza, temos ganas de traballar en pro dos nosos veciños e veciñas pero sobre todo temos ambición para Carballo”, afirmou María Carmen Vila Blanco, que engadiu: “Queremos un Carballo para todos e todas” afirmou a aspirante socialista.

Durante a súa intervención, a candidata á alcaldía de Carballo polo PSdeG-PSOE subliñou o seu traballo dende o inicio do seu proxecto no ano 2015 e declarou que foron os socialistas de Carballo os que conseguiron traer á vila a Unidade de Extranxería e Documentación da Policía Nacional.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí