Evencio Ferrero volve a presentarse as eleccións.
Concelleiro desde as primeiras eleccións democráticas e alcalde desde 2003. E volverá a liderar a opción do BNG, despois de recibir o apoio unánime dunha concorrida asemblea.
O éxito do BNG
Na súa intervención, Evencio Ferrero destacou que o éxito do BNG “é o resultado do traballo serio, intenso e rigoroso que se vén desenvolvendo no ámbito municipal, tanto dende a oposición coma, nos últimos vinte anos, dende o goberno”.
O alcalde destacou o compromiso con Carballo de todas as persoas que formaron parte das sucesivas candidaturas e amosou a súa convicción “de contar co mellor equipo para gobernar Carballo”.
Evencio continúa
Destacan desde o BNG a continuidade de Evencio Ferrero “e aínda que xa hai catro anos o PP intentou socavar o seu prestixio e o seu compromiso argumentando que abandonaría o cargo despois da toma de posesión, Evencio non só se mantivo, senón que concorrerá ás próximas eleccións con toda a forza que outorgan a experiencia, o afecto da cidadanía e a seguridade de que o seu equipo será, de novo, o mellor para seguir facendo de Carballo un bo lugar para vivir, para investir e para desfrutar”