Entrevista ao portavoz municipal de Terra Galega en Carballo, Andrés Eirís (Segunda parte).
P- Cómo valoras o traballo feito por Terra Galega?
R- Tega leva no mandato anterior (con Estefanía Canosa coma alma máter e voceira) e o que vai neste, sendo a única oposición en Carballo, traballando a reo para fiscalizar o grupo de goberno, vendo os decretos de maneira sistemática cada mes (sorpréndenos que levando case 20 anos gobernando a cantidade de contratos menores que se adxudican a empresas amigas, empresa familiar de algún concelleiro, empresa para que algún concelleiro traballa, empresas de amigos…).
E mirando con lupa no servizo de contratación tanto os informes coma as plicas (cada vez en Carballo preséntanse menos empresas ás obras, moitas pensan que non compensa vir pois xa saben quen vai gañar e non están para perder o tempo-é escandaloso-)…é expoñendo todo nas comisións e nos plenos (case nunca hai ninguén).
P- e por último, cómo valoras a túa experiencia ? Tes pensado continuar na actividad política municipal?
R- Esta labor quítanos moito tempo e por un lado non sabemos vender a cidadanía (son máis de facer que de dicir ou vender) e por outro a web municipal no é para informar o BNG utilízaa como altavoz particular (moitas veces miro a crónica do último pleno e digo eu non fun a ese pleno).
Estou canso, se te implicas é agotador…8 anos sempre me pareceu un tempo correcto para estar de paso na política local, estou orgulloso de sempre dicir o que pensaba que era mellor para Carballo sen importarme o máis mínimo se iso daba ou non votos, tanto o meu compañeiro José Bello Pallas coma eu botamos moitísimo de menos a Estefanía Canosa na corporación…e por último a cuestión de continuar ou non temos pendente reunirnos no partido para valorar que camiño seguir e ver onde podemos aportar máis cada un..
A miña idea hoxe é que xa estiven un tempo e dixen todo o que tiña que dicir pero pode cambiar despois da reunión de partido é unha idea máis que unha decisión.
Así que no se presenta Andresito ?