Proxecto audiovisual con oito mulleres da Costa da Morte

0
2655

Un total de oito pezas audiovisuais compoñen o proxecto A Costa das Mulleres, un proxecto impulsado pola asociación Costa da Morte – GDR e pola asociación GDR de Galicia. Os vídeos, cuxa rodaxe comezou a pasada semana, contan cun mesmo fío condutor, o papel das mulleres na costa da morte, dende diferentes perspectivas laborais e vitais.

O obxectivo principal desta acción é recoñecer ás mulleres desta comarca e o seu papel no desenvolvemento social e económico da costa da morte, entendendo que a maior parte das veces os papeis femininos son menos visibles que os dos homes.

As protagonistas

As protagonistas, Lucía e Lilian Quintela de Carnota, Florentina Atán de Mazaricos, Dorinda Moledo de Dumbría, Carmen Riveiro de Zas, Teresa Ferreira de Vimianzo, Josefa Carrera de Muxía, Isabel Tomé de Cee e Loli Fernández de Carballo, contan nos distintos vídeos as súas experiencias de vida desde distintas perspectivas.

Os vídeos serán presentados o vindeiro 15 de outubro, Día da Muller Rural Galega co fin de visibilizar ás mulleres que están presentes nos distintos sectores da comarca Este proxecto, conta co apoio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e forma parte do acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural para actividades relacionadas coa loita contra a violencia xénero.

Nota-GDR Costa da Morte