Compromiso por Galicia celebrou esta fin de semana o seu terceiro congreso, que supuxo a reelección do actual secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro Docampo. Foi o único candidato que se presentou.
Carballo e Santa Comba
Na Comisión Executiva Nacional, foron elexidas dúas mulleres da zona. Montse Almozara Cordeiro, de Santa Comba, e Paula Rey Gómez, de Carballo.
Neste Congreso aprobouse a definición política do partido, como “galeguista, progresista e europeísta”. Desaparece a “socialdemocracia” o que significa para CxG “un cambio para representar mellor unha sociedade galega máis transversal onde teñan reflexo aqueles progresistas que sintan Galicia como principal preocupación sen dependencias”.