O Parque do Megalitismo da Costa da Morte inclúe a dez concellos.
O responsable da área de Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, presentou o borrador do convenio de colaboración para desenvolver o proxecto do Parque do Megalistismo da Costa da Morte.
Nesta xuntanza participaron alcaldes, concelleiros e secretarios de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, A Laracha, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica, Mazaricos, Vimianzo e Zas. Este convenio deberá ser aprobado nos distintos plenos das corporacións locais e posteriormente no pleno provincial.
Medio millón de euros de fondos provinciais
A Deputación coruñesa destinará medio millón de euros para promover esta actuación.“Este proxecto ten por obxecto cohesionar o territorio a través de modelos patrimoniais, impulsando o megalitismo dende a cooperación entre os concellos e a Deputación” sinalou Xosé Regueira.
Agora os concellos recibirán o borrador e despois “xunto coa Deputación xestionarán durante os vindeiros catros anos de forma conxunta as actuacións e actividades que se realizarán ao redor dos diferentes monumentos megalíticos”.