Aposta da Deputación polo Parque de Megalitismo da Costa da Morte

0
1024

Xosé Regueira anunciou un investimento de medio millón de euros.

 

O responsable da área de Turismo da Deputación provincial da Coruña, Xosé Regueira, anunciou a creación dunha mancomunidade de impulso da área patrimonial do Parque do Megalitismo no que se investirán medio millón de euros para a execución dunha parte do Plan Director.

 

Foi nunha xuntanza cos alcaldes dos alcaldes que forman parte do Parque do Megalitismo son Malpica de Bergantiños, Carballo, Zas, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Dumbria, Corcubión, Mazaricos ademais da Laracha e Ponteceso.

 

O investimento anunciado por Regueira destinarase ó plan de divulgación, á mellora de accesibilidade aos túmulos e da sinalización ou a compra de terreos en que se atopan os monumentos arqueolóxicos.

 

Entre outros monumentos, forman parte do Parque Arqueolóxico da Costa da Morte a Pedra Moura, Casa dos Mouros, Pedra Cuberta, Arquiña de Vilaseco e Mina de Recesinde do concello de Vimianzo, Pedra da Arca de Malpica, Arca da Piosa e Pedra Vixía de Zas, Fornela dos Mouros de Laxe, a Mina da Parxubeira de Mazaricos, Pedra Moura de Carballo ou o propio Dolmen de Dombate de Cabana de Bergantiños.