O PP pide a comparecencia do concelleiro Lois Lamas.
O PP pensa que pode haber responsabilidades penais
O Partido Popular quere que o concelleiro de Obras e Servizos, Lois Lamas Álvarez (BNG) compareza no pleno ordinario do vindeiro luns, para explicar diversas cuestións relacionadas coas obras de mellora e seguridade vial da travesía de Malpica.
Os populares aprezan “multitude de irregularidades” nesta actuación e “severas discordancias entre os traballos realmente ejecutados a día de hoxe e os documentos que os certifican”.
O PP de Carballo cree que pode haber “responsabilidades penais” e polo tanto consideran que se fai necesaria a comparecencia de Lamas.
GLORIETA DOS BOMBEIROS VOLUNTARIOS
O portavoz popular, Alberto Sueiro Pastoriza defenderá unha moción na que propón que a intersección da rúa Perú coa rúa Ponte da Pedra se denomine Glorieta dos Bombeiros Voluntarios.