Acacio podría volver a presentarse

0
600

Sunplus

Acacio Rodríguez non descarta presentarse as eleccións.

NOTICIA PUBLICADA EN ADIANTE INFORMACIÓN

 

 

O exconcelleiro socialista e candidato do Partido Dos Veciños, Acacio Rodríguez Fernández non descarta presentarse as eleccións municipais de Carballo, a pesares da inactividade do partido fundado en 2003 e que colleitara aproximadamente medio milleiro de votos nos dous comicios que participou.

 

Segundo poido saber Adiante Información, Acacio Rodríguez “non o ten decidido”.Consultado por esta redacción Rodríguez dixo que é “algo que non teño decidido e non me preocupa neste momento”. A resposta presaxia que non sendo imposible que decida aspirar a alcaldía sí é altamente improbable, desde o noso punto de vista.

O líder do PDV recoñeceu que “está fóra” polas súas ocupacións laborais, pero cecais para dar expectación ou para aportar incertidume avanzou a este xornal que “pode ser que me presente” deixando a porta aberta a esta posibilidade. Aparte de BNG, PP, TEGA e PSOE, especúlase coa presentación dunha quinta lista.

A do Partido Dos Veciños ten poucos visos de concretarse, pero Acacio non quere pechar a porta definitivamente. Un político que foi protagonista dunha agria polémica no ano 2002 co PSdG-PSOE, cando este decidiu expulsalo. Despois tentou sen fortuna volver a ocupar un sillón no salón de plenos do concello de Carballo.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí