O asasiñato de Ponteceso causou un forte impacto en toda a comarca.
O asasiñato de María Rosa Haz, de 34 anos, como consecuencia dos golpes de martelo propinados polo súa exparella supuxeron unha auténtica conmoción na vila de Pondal.
“O pobo está consternado, era mellor que se falara de Ponteceso por outra cousa” comentaba o alcalde de Ponteceso nos micrófonos de Radio Líder. A José Luís Fondo a “sorpresa” colleuno moi preto.
O alcalde recibiu a chamada dun xornalista e enterouse de todo: “Eu vivo o lado onde ocurriu o suceso, recibín a chamada, saín da casa e xa me enterei de todo”. Fondo Aguiar asegurou que “Non habia ningún tipo de denuncia, nin indicio de que esto podía pasar”.
As 12 do mediodía estaba prevista unha concentración diante do concello por esta nova vítima da violencia machista e as 20,00h foi convocado un pleno extraordinario.