Presunta prevaricación nos verquidos da Brea

0
539

 ferroatlantica

Os xulgados abren unha causa contra o Ex Director Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia.

Imaxe de Ferroatlántica

 

O Xulgado de instrucción número 3 de Santiago aceptou un recurso polo que se abre unha causa contra o Director Xeral de Calidade Ambiental da Xunta durante o bipartito, Joaquín Buergo del Río, por presunta prevaricación, nunha demanda que foi interposta polos veciños de A Brea, en Carballo.

 

A denuncia fora formulada por un depósito nunha vella canteira con residuos procedentes da Ferroatlántica en Cee. A demanda fora arquivada en función duns informes de Buergo que sinalaba que os residuos non causaban danos o medio ambiente nin a saúde das persoas.

 

Unha das partes implicadas na denuncia a asociación Verdegaia fai unha valoración positiva do auto e entende que “ha determinar a imputación penal dos actores e as súas responsabilidades, mais tamén a limpeza e a restitución do medio natural para recuperamos en Carballo unha contorna saudábel para a vida”.

 

XESTUR INFORMA DUN ACORDO NO POLÍGONO DE BÉRTOA

 

A delegación territorial da Xunta informou que se chegou a un acordo cos liberados da expropiación do polígono de Bértoa, en Carballo, que garantiza a continuidade de trece proxectos industriales previstos na zona.

 

Segundo explican desde a delegación sete dos dazaseis liberados decidiron pagar en efectivo as cotas de urbanización do parque empresarial e outros cinco optaron por non cobrar o importe da expropiación das súas fincas, facendo entrega como anticipio o pago das parcelas que comprarán no Polígono. Nesta semana agárdase que se una un novo liberado.Outros dous optaron pola expropiación e o cobro en efectivo, mentras que un non se presentou a reunión.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, amosou a súa satisfacción porque, finalmente, a meirande parte dos liberados formarán parte do proxecto empresarial.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí