“Resulta ofensivo que Fondo presida a Fundación”

0
532

Manolo Varela

O portavoz do BNG en Ponteceso, Manuel Varela, critica a opacidade do goberno local e denuncia o esquencemento de localidades coma Corme.

 

Manolo Varela Domínguez cree que “Unha das características do goberno de Ponteceso é a opacidade terrible. O alcalde non quere dar información a oposición. O único que fai a dar publicidade cando lle interesa”.

 

Poñe como exemplo a actitude de Fondo Aguiar nos plenos “onde falta un comportamento democrático”, ou mesmo o Plan do Litoral. Con respecto a polémica sobre ó proxecto da Casa da Cultura de Corme.

 

“O CENTRO CULTURAL DE CORME É UNHA BAZA ELECTORAL”

 

“É unha batalla de fai moito tempo e agora vai a ser unha baza electoral do PP. Non é posible facer eso coa información que temos do Grupo de acción costeira, porque non é un investimento productivo. O centro cultural de Corme é algo virtual e perspectivas irreais. Eu invito ó alcalde a que demostre que hai algo”.

Varela Domínguez considera que Corme é unha das parroquias “olvidadas” polo executivo popular. “Nos plans da Deputación non lles toca nunca nada- asegura Varela-Corme está olvidado polo alcalde, non ten investimentos con fondos municipais”

 

“A PERSONA DO CONCELLO QUE MENOS MERECER PRESIDIR A FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL”

 

“É a persona do concello que menos merece ser Presidente da Funación Eduardo Pondal. Él defende o decreto do galego porque ven do PP. Só ten que repasar o himno galego e saber o que é ser presidente dunha fundación que defende o idioma galego. Este señor desprestixia o galego. Resulta ofensivo e a mín ata me molesta” reflexiona o voceiro do BNG.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí