A Policía Local da Laracha abriu unha investigación dirixida a identificar ao autor ou autores dun lamentable acto vandálico sucedido no pasado fin de semana no que foi totalmente calcinada unha marquesiña de transporte público situada no lugar de Campo da Porta (paroquia de Lendo).
O Concello da Laracha cursou a correspondente denuncia dos feitos ante a Garda Civil. Desde o Concello lamentan profundamente o sucedido, “un censurable acto no que os autores non tiveron outra finalidade que destrozar o que é de todos”.
Desde o concello solicitan aos veciños a súa colaboración para dar cos responsables do sucedido e aplicarlles a correspondente sanción