O alcalde de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro pretende cambiar o horario dos plenos ordinarios, que pasarían das 20,30h., as 18,00h. Na oposición vése un claro intento do PP, de evitar que siga acudindo xente as sesións, e como afirma algún concelleiro “a partires de agora virán dous xubilados”. Pero os cambios non afectará só os horarios senón tamén a periodicidade (nove plenos ó ano), que poderían quedar reducidas a un pleno cada dous meses.
Desde Terra Galega consideran que esta decisión “supón un paso atrás, unha maneira evitar a presencia dos veciños.Non é unha decisión correcta, non queren que se demostre a mala xestión do alcalde de Coristanco”. Amancio Lavandeira denuncia “as cortapisas que nos poñen nas nosas intervencións” habitualmente. Pero agora xa “é algo grave”. Lavandeira cree que “a un ano das eleccións o zapato está apretando moito” a Antonio Pensado, e por este motivo non quere que os plenos teán trascendencia.
O voceiro do BNG, Manuel Vázquez lembrou en Anosacosta.com, que xa non estaban dacordo coa anterior modificación “porque eran condicións restrictivas”, e a actual proposta “empeora a anterior modificación e supón unha marcha atrás”.