Un cento de personas secundou en Carballo, a protesta da Plataforma Queremos Galego contra o decreto do galego, que consideran un ataque a língua de Rosalía.
O acto tivo lugar na praza do concello de Carballo. Tratábase de amosar, unha vez máis, o rexeitamento social o decreto do galego, impulsado pola Xunta de Galicia. O actor Artur Trillo foi o encargado de ler o manifesto.
A carón dunha pancarta co lema “Temos língua propia. Queremos vivir nela”, estaba responsable comarcal do BNG, Vítor Recarei, Silvana Castro, da Plataforma Queremos Galego, así como concelleiros coma Belén Lendoiro, Mar Eirís ou Marcos Trigo (Carballo) ou Xosé Manuel Vázquez(Coristanco), entre outros.