Traca final con polémica

0
623

Image

O accidente mortal da rúa Desiderio Varela motivou unha batería de preguntas do popular Juan Castro que acabou sendo a polémica do pleno.

Podes escoitar o noso informativo do pleno na nosa sección RADIO A CARTA

Image

O falecemento de Dolores Facal Pardiñas, na rúa Desiderio Varela que se encontra en obras, converteuse no momento máis intenso do pleno, froito das preguntas realizadas por Juan Carlos Castro Pombo(PP), e que encendeu a polémica sobre este tema e tamén un presunto “Pacto de Cabaleiros”, que o PP houbera rachado nesta sesión.

Image

No turno de rogos e preguntas, primeiro foi o centrista Manuel Andrade Cristóbal o que se interesou por diversas infraestructuras e necesidades do concello. Pero o momento álxido deste pleno tranquilo estivo no turno de rogos e preguntas que nesta ocasión foron formulados por Juan Carlos Castro Pombo e non polo voceiro, Alberto Sueiro. Castro denunciou que as obras  da Desiderio Varela, no momento do accidente “non reunían as condicións óptimas de seguridade”, xa que despois do accidente mortal efectuáronse melloras na zona. Os populars interpelaron o goberno sobre as denuncias existentes, as medidas de seguridade tomadas, o posible retraso nas mesmas, e a falta de explicación por parte do goberno os carballeses. Aínda que non estaba previsto respostar, Evencio Ferrero  quixo aclarar que “tódalas obras do Feil, teñen un coordinador de seguridade”, considerando “nin xusto nin ético” o posicionamento do PP. Castro Pombo insistiu en que “pedimos o alcalde que de explicacións a cidadanía”.

Image

O concelleiro popular seguiu preguntando sobre a presenza de ratas no centro de Carballo( o alcalde dixo que xa estaban desratizando), ou a elección da ubicación do parquen infantil de Vivente-Ardaña en contra o criterio veciñal. O rexedor asegurou que 19 veciños asinaron un escrito de apoio a nova ubicación do parque “que é a mesma onde estab”. E a traca final foi cando Ferrero acusou o PP de “deslealdade institucional, porque había un pacto de cabaleiros de presentar as preguntas por escrito”. Tanto Castro Pombo coma Alberto Sueiro (que presentaron as preguntas na sesión)non tiñan constancia dese pacto e Pombo afirmaba “que non me acuse de nada porque nós cumprimos a lei”. Incluso interviu no debate un funcionario municipal asegurando da existencia dese acordo e que mantivo unha agria discusión con Juan Castro que se prolongou ata fora da sala de plenos.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí