A Corporación carballesa dou luz verde a unha nova fase da zona azul, unha actuación en Sísamo, e unha moción de Tega, nun pleno de baixa intensidade dialéctica.
Primeira das dúas crónicas plenarias
Podes escoitar un especial informativo sobre este pleno na nosa radio a Carta.
O pleno celebrado en Carballo foi de baixa intensidade dialéctica, a excepción do turno de preguntas, onde o popular Juan Carlos Castro Pombo e o alcalde mantiveron unha breve discusión. Pero a este asunto referímonos noutro artigo. Polo demáis, o primeiro pleno do novo curso político non resultou demasiado animado. E desde o goberno, e o contrario doutras sesións, non tiñeron problemas
Cos votos de BNG, PSOE e Terra Galega e a abstención do Partido Popular, douse luz verde a creación de máis de 90 prazas de zona azul nas rúas Rosalía de Castro, Sol, Milagrosa e río Miño. Alberto Sueiro pensa que son medidas de cara a galería e “estáse pintando o chán pero non se poñen recursos para vixiar as zonas”. “Está vixiando a Policia Local e a xente está contenta” comentaba o edil de Tráfico, Benedito Viña que reprochaba a antiga postura do PP de non “estar dacordo” coa zona azul. Viña estaba máis incisivo neste punto que a propia oposición co goberno.Por unanimidade aprobáronse os festivos locais, 24 e 25 de xuño, un convenio coa Xunta para os residuos eléctricos e electrónicos e a moción presentada por Terra Galega.
Manuel Andrade pediu que se rematara o “Plan Director de abastecementos de auga”, que fora aprobado fai dous anos noutro pleno, e que se reunira a comisión informativa oportuna para estudiar o mesmo. O responsable de Medio Ambiente, o socialista José Antonio Viña Patiño confirmou que o estudio está a piques de rematarse e logo haberá as reunións oportunas e incluso unha presentación pública. Desde o PP, Sueiro Pastoriza considerou que “o goberno non priorizou este asunto” e insistiu na relevancia do tema: “O problema da auga é real e hai dificultades en varias zonas. Pero este debate non se abreu”.
O alcalde Evencio Ferrero calificou a moción de”oportunista” por “presentarse cando se remata o prazo de presentación do traballo”. Con todo isto o goberno apoiou a moción centrista. Tamén foi aprobada, coa abstención de PP e Tega, a conta xeral de 2008 que arroxa un remanente positivo de 1,8 millóns de euros. Resultou algo moi curioso que ningún grupo da oposición comentou nada o respecto. E por unanimidade respaldouse o proxecto de urbanización da primeira fase da vía Carballo- Sísamo, que afectará a un traxecto de 700 metros. Manuel Andrade dixo que era “un proxecto feito no 2003, anunciado coa visita do Presidente e o Vicepresidente da Deputación, con comidas incluídas, e despois de tanto tempo só se vai a facer un cacho”. O popular Sueiro Pastoriza lembrou que era unha “vella demanda” e “agora parece que van a comenzar definitivamente e alegrámonos”. Evencio Ferrero (BNG) asegurou que se contratará inmediatamente a segunda fase, segundo o compromiso da Deputación “o cal e unha moi boa nova para Carballo”.