A ANPA “A Casilla” convoca para este martes , unha concentración pacífica que comenzará as 12,00h.
PROTESTA NO COLEXIO A CRISTINA:
As nais e pais do Colexio A Cristina están convocados pola entidade que os representa a unha concentración de protesta que se prolongará durante dez minutos.
Por unha parte queren demandar un novo profesor de Pedagoxia Terapeútica para o colexio, xa que segundo indican no seu blog “no pasado curso contábamos con 3 e neste con 1, polo que non se van poder atender tódolos casos como lle corresponde”.
Ademáis desde a ANPA “A Casilla” aproveitan para criticar unha serie de recortes orzamentarios que pensamos que vai perxudicar gravemente ao ensino público.