José Antonio Viña Patiño asegura que a sentencia que ameaza co derrube do centro Artai é un “problema serio”, pero pide calma no tema. Escoita a Viña na sección de radio a carta.
O Concelleiro de Urbanismo carballés cree que a sentencia que pesa sobre o Centro Artai “é un problema serio e preocupante” e que afecta o colexio, o goberno e a sociedade en xeral. Pero quere facer un chamamento a “calma e a prudencia” mentras se buscan posibles solucións.
Segundo o tamén líder local do PSOE, unha destas alternativas podería pasar polo Plan urbanístico que está en revisión. “O Plan Xeral resolvería este problema e poderíase legalizar esta situación” apunta Viña.
Viña Patiño tamén fai unha reflexión:”O que non se execute a sentencia non beneficia a ninguén e a execución perxudicaría a todo o mundo”.
Podes escoitar as declaracións de José Antonio Viña Patiño na nosa sección de Radio a La Carta.