Reivindicando a Carlos O ´ Xestal

0
709

Image

O popular humorista Cándido Pazó cree que a comarca ten unha débeda pendente con Carlos Díaz O´Xestal, e pide que se promova un Festival de homenaxe na súa honra.

O cómico pontevedrés, que ten estreitos lazos coa terra de Bergantiños porque a súa dona é de Carballo, recoñece o influxo do Xestal. Cree que homes coma este “regaron a semente” de humorista que él tiña.

“Recordo que sendo pequeno  con oito anos, xa escoitaba repetidamente un vinilo de Carlos O Xestal. Escoitaba  aquelo que me tiña fascinado” comentounos Cándido Pazó, que aproveitou para reivindicar  a celebración dun gran Festival na súa memoria:

“Reivindico a sua figura e pido que o concello de Carballo e mesmo o  da Laracha organizacen un festival en homenaxe a Carlos O Xestal”. Desde Anosacosta.com e www.anosagalicia.es tamén queremos que non se perda a memoria do noso contacontos Carlos Díaz O´Xestal, e aparte de adicarlle un apartado nun dos nosos programas de radio, tamén publicamos unha reportaxe en Anosagalicia que podes ler no seguinte enlace.

http://www.anosagalicia.es/index.php?option=com_content&task=view&id=24&Itemid=28  

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí