A nova executiva comarcal do BNG, encabezada por Vítor Recarei (na foto) insta ao PP a a reiniciar o proceso de contratación para dotar á Costa da Morte dun helicóptero de salvamento. Creen que se trata dunha prioridade e salientan que “Nalgún concello, como é o caso de Carballo, incluso o propio Partido Popular admitíu a necesidade da reclamación e votou a favor da iniciativa do BNG”.
Lembremos que o voceiro municipal do PP carballés, Alberto Sueiro, é tamén deputado autonómico no Parlamento de Galicia. O BNG insistirá na súa petición e califica a actitude do PP de “hipocresía política”Para o BNG, a vida dos mariñeiros non pode serobxectivo electoral e partidista do PP nin se pode cuantificar economicamente.E o aforro público non se pode vincular ao sacrificio das necesidades máis perentorias, en materia de seguranza e salvamento”.