O galopato voiando polas terras de Corme

0
591

Image
O galopato voiaba ata Corme para disfrutar dese fermoso treito costeiro e seguir o rastro do heroe do mar  Francisco Antonio Mourelle de la Rúa, persoeiro co cal aínda hai unha débeda histórica.

Este  luns, o galopato voiaba rumbo as terras percebeiras. En Corme, alimentouse dese potente arrecendo a mar, do vals das ondas, das paisaxes exquisitas. A nosa mascota estaba na súa salsa.

Despois na compaña de Eduardo Cambón García (Radio Líder-Punto Radio Noroeste), visitou a casa en estado ruinoso onde morou o valeroso almirante Mourelle de la Rúa. Recabou datos sobre a súa historia, uns deles cedidos polo concelleiro José Manuel Nuñel “Porteiro”.

Image

Tamén tivo ocasión de escoitar a charla improvisada e apaixoada do Presidente da asociación veciñal “Eduardo Pondal”. “Se Mourelle fora inglés xa tería unha estatua” comentaba José Manual Ferreiro Chans, coa súa memoria repleta de datos biográficos do insigne Mourelle. Ferreiro segue reivindicando que se difunda a vida e obra deste gran mariño cormelán e non se cansa de ensalzar a súas características de gran descubridor e ilustre militar. Estamos convencidos de que se houbera moitas personas coas súas inquedanzas, a nosa historia non sería tan esquecidas. O dirigente veciñal tamén lle contou ó galopato algún detalle sobre outro cormelán destacado: José María Mosqueira Manso. Tempo teremos para falar máis sobfre Mourelle de la Rúa e sobre Mosqueira.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí