O concelleiro de Urbanismo carballés manifestou este mediodía en Punto Radio Noroeste-Radio Líder que as acusacións verquidas desde a Plataforma da Agra da Lagoa son “rotundamente falsas”. Viña Patiño cree que se trata de acusacións moi graves que se deberían rectificar. Podes escoitar as declaracións na sección de radio.
Anosacosta ofrece na súa sección de radio a carta un especial informativo coas declaracións do portavoz da Plataforma da Agra da Lagoa, Ramón Varela Puñal e do socialista Viña Patiño.
José Antonio Viña afirmou que agardaba que as críticas da Plataforma da Agra da Lagoa foran “producto da ignorancia” ainda que despois de “intentárselle aclarar este asunto un xa empeza a pensar que hai mala fe”. O líder socialista comentou que no marco dos traballos de revisión do Plan Xeral douselle “unha solución técnica a un borde urbano na confluencias de varias rúas”, pero en ningún caso se actuou para beneficiar a ningún militante do PSOE nin do BNG.
En declaracións en Radio Líder-Punto Radio Noroeste, Viña definiu os ataques da Plataforma coma “infundios” e “un cúmulo de despropósitos” e convocou ós seus membros “a explicarlles a realidade con planos enriba da mesa”, para logo pedirlles unha rectificación das súas manifestacións. O concelleiro de Urbanismo considera que se excederon verbalmente pero tamén nas mensaxes “dalgunhas pancartas que hai colgadas polo pobo” e que danan a honestidade personal dos gobernantes.
O máximo dirixente do PSOE carballés declarou que non lle gustaran "estas acusacións abertas dunga grande gravedade", e que non se correspondían coa realidade. Esta mañán compareceu ademáis en rolda de prensa xunto co alcalde Evencio Ferrero.
.