Discrepancias entre PP e PSOE en Ponteceso.

0
555

Image
O Partido Socialista de Ponteceso acaba de propoñer a creación dun circuito ecolóxico de velocidade. Desde o goberno do PP non se amosan moi entusiasmados coa proposta e incluso creen que o plantexamento do PSOE provocaría varios atrancos no concello. Estamos ante unha nova polémica.

O PSOE de Ponteceso presentou ó traverso da súa web un documentado traballo no defenden a construcción dun circuito ecolóxico de velocidade, que necesitaría un investimento grande, parece ser que duns seis millóns de euros  nunhas dimensións dun kilómetro de ancho por seis de longo.

Os socialistas explican que no noroeste peninsular non hai este tipo de servizos o que sería un atractivo turístico e serviría para recabar apoios económicos por parte de empresas e da administración. Na iniciativa teñen especial importancia os coches híbridos e eléctricos. Desde esta formación incluso están dispostos a facer chegar os seus plantexamentos o Ministro de Industria, Miguel Sebastián.

Image

Moi ben distinta é a opinión do alcalde de Ponteceso e do grupo municipal do Partido Popular. Creen que os socialistas nin tan sequera “son capaces de facer un cálculo do que suporía este proxecto”, xa que tendo en conta as dimensións propostas polo PSOE farían falta 6.000.000 de  metros cadrados o cal pagando a un euro o metro cadrado xa se iría o orzamento enteiro.

José Luís Fondo Aguiar asegura ademáis que se o proxecto se levara a cabo tal e como propuxeron os socialistas fariáse desaparecer os lugares do Castro, Riotorto, A estrada de Nemeño, a liña de suministro eléctrico de Corme, a liña de saída de producción do parque eólico de Corme e varias pistas municipais. Afirman desde o goberno local que lles parece ben que presenten a proposta ante o Ministerio de Industria, “pero antes que teñan claro o que queren facer, non se trata de levantarse pola mañán a desbarrar”.

A foto da portada refírese a visita que realizaba este venres a secretaria de Pesca do PPdG, Rosa Quintana a Corme e Ponteceso.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí