Denuncian a exclusión de membros de BNG e PSOE do Plan Sectorial.

0
540

Image
Os membros da Plataforma da Agra da Lagoa piden explicacións ó goberno de Carballo polo feito de que destacados militantes do BNG e do PSOE foran excluídos do ámbito afectado polo Plan Sectorial. Queren que o alcalde Evencio Ferrero e o concelleiro de Urbanismo José Antonio Viña falen claro.

A Plataforma achegounos unha nota de prensa na que destaca por unha banda  a  denuncia de que destacados militantes de PSOE e BNG foron excluídos do ámbito afectado polo Plan Sectorial e por outro lado desde a Plataforma confían na mediación do alcalde ante Anxo Quintana.

Image

NOTA DE PRENSA DA PLATAFORMA DA AGRA DA LAGOA.

A Plataforma da Lagoa pídelle ao Sr. Alcalde e ao Concelleiro de urbanismo, Sr. Viña, que lle aclaren publicamente aos veciños de Carballo cales son as razóns polas que se deixaron fóra do ámbito afectado polo Plano Sectorial  de carballo as fincas de destacados militantes desas formación políticas, que non obstante estaban incluídas no Polígono 7, ao tempo que se facían declaracións á prensa afirmando que o Plano Sectorial sería beneficioso para todos os propietarios dos terrenos da Agra da Lagoa afectados polas expropiacións, e que confiaban que lles desen a súa conformidade.
 
A Plataforma da Lagoa quere transmitir ao pobo de Carballo a súa confianza en que o Alcalde poñerá de manifesto o seu peso político, nas xestións de mediación que se comprometeu realizar ante o Sr. Quintana, para que o Vicepresidente da Xunta se entreviste cos propietarios afectados polas expropiacións e lle dea unha solución satisfactoria ao seu problema, permitíndolle desenvolver o polígono que o PXOM deseñe para esa zona da Agra da Lagoa".

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí