Este mércores o concello de Coristanco celebra un pleno con nin máis ni menos que dazanove puntos, entre eles a aprobación do P.O.S., o proxecto da depuradora da Agualada, as demandas viarias e tamén nove mocións.
A sesión comenzará as 20,30 horas e terán cumplida información en Anosacosta. Ou polo menos iso tentaremos porque se debatirán nin máis nin menos que dazanove puntos. Entre os puntos destacan a aprobación do Plan de Obras e Servizos, o anteproxecto da depuradora de Vilaverde, o proxecto da E.D.A.R. da Agualada, o escudo e a bandeira local, ou as alegacións om Plan Director de Estradas. Logo virá nove mocións de PSOE, BNG, e Terra Galega e os rogos e preguntas.
Amancio non está dacordo.
O portavoz de Terra Galega, Amancio Lavandeira cree esaxerada a cantidade de puntos que se incluiron na orde do día e pensa que pode ser por parte do goberno local " dunha maneira de diluir os grandes problemas que se poidan plantexar ou que non se profundice nas cousas". Sobre as moción presentadas augura "que o goberno as vai a rexeitar, porque ó mellor teñen medo de darnos protagonismo".