Carballo construiu un campo de fútbol nun concello veciño

0
638

O Partido Popular de Carballo ven de denunciar que o goberno local executou as obras de construcción nun terreo de xogo, nunha propiedade particular e ubicado no veciño concello de A Laracha. Segundo o edil popular Ricardo Serrano: “O concello de Carballo construiu un campo de fútbol e invertiu como mínimo 30.000 euros, nunha finca privada e no concello de A Laracha. Isto é ilegal, e para máis se o propietario decide montar mañán unha colleita no campo, teremos que mirar para él”.

Neste terreo disputa os seus encontros o conxunto de A Piña, que milita na liga intermunicipios, e que no seu día demandou a mellora ante o goberno municipal. Segundo o P.P. investíronse 30.000 euros na actuación, e se ben comparten que no concello se necesitan diversas melloras en infraestructuras deportivas, e tamén que o clube de A Piña de Sofán pida estas melloras pero  o que máis lle chama a atención é o feito que  a parcela non é pública, nin existen ningún tipo de cesión, e para colmo está ubicada no témino municipal de A Laracha. Serrano Tasende calificou esta actuación de “metedura de pata e motra da imcopetencia do goberno”. Os populares tampouco entenden como  alcalde en varios medios de comunicación segue a defender esta actuación.

O P.P. de Carballo vai a solicitar a creación dunha comisiónd e investigación sobre este tema

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí