“O máis fácil sería deixa-lo, pero hai que traballar, por responsabilidade”.
Así resume Manuel Andrade Cristóbal a súa intención de seguir desempeñando a súa misión política desde a oposición, encabezando o grupo de tres concelleiros que ten Terra Galega. Ofreciuse a colaborar có goberno nas áreas que él mesmo xestionou anque afirmou que será crítico cos erros do bipartito. Tamén asegurou que:“invito ó Partido Popular que cambie de rumbo e faga unha política constructiva e se poña a traballar por Carballo”. Andrade Cristóbal amosouse preocupado polos retrasos dos proxectos do mercado ou das travesías, e afirmou que o tempo demostrou que o Plan Xeral “era un documento feito en falso”. Lembrou como o máis negativo da súa experiencia no tripartito, “as zancadillas” dos seus compañeiros para que non triunfara políticamente. “Non se apoiaron os meus proxectos. Alargaban os tempos para que eu non triunfara”, sentenciou Andrade.