Somos pioneiros en festas gastronómicas e tamén constantes na Festa da Pataca e na xa relevante FEIRA DA MAQUINARIA AGRICOLA en Coristanco, que ven sendo unha das máis importantes da Costa da Morte e agora da provincia, pola que estamos moi orgullosos e que contamos con oito expositores, nesta 8ª edición.
E para animar máis a Feira, estes expositores sortearán unha viaxe para dúas persoas dunha semana a Palma de Mallorca, un aliciente máis da Festa.
Ademáis da exhibición de STHIL TIMBERSPORTS, que colabora conxuntamente a empresa expositora Rumacru, S.L., onde campións nacionais e competidores especializados talarán figuras en madeira todo o día, con unhas seis toneladas. Con motoserras, machetas e machados faran figuras que logo irán para un museo para Madrid.
O pasado ano, comezóuse unha nova actividade que foi a Feira Cabalar, e que este ano voltamos a organizar; así que poderemos desfrutar do desfile cabalar e tamén con demostracións ecuestres.
Tamén haberá expositores de Artesanía de Galicia ao igual que diversas empresas relacionadas coa agricultura ou con Coristanco, que expoñeran os seus productos nas rúas Coristanquesas.