Reproducimos aquí a moción que presentou o PP de CARBALLO para o arreglo da carretera CARBALLO -> BUÑO
A MOCIÓN que presentou hoxe o noso voceiro Alberto Sueiro no Concello de Carballo , sobre obras de reparación e mantemento da actual estrada Carballo – Buño, que agardamos sexa debatida no próximo Pleno municipal:
A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, en resposta a unha pregunta realizada no Parlamento de Galicia polo noso grupo parlamentar, afirmou que as obras de construcción da nova estrada Carballo-Buño estarían rematadas no presente mes de Xullo e que a dita vía entraría en servicio antes de finais do presente mes.
Sen esquezer que a dita vía, incluída no Plan Galicia da Xunta en 2003, acumula un retraso de mais de 9 meses na finalización das obras e na súa posta a disposición dos usuarios, cos perxuicios de todo tipo que este retraso ten ocasionado; e que é unha magoa que unicamente se poña en servicio un dos tramos e non o total da estrada ata Malpica, é sen dúbida unha boa nova a posta en valor dunha infraestructura viaria que mellore o conxunto das comunicacións por estrada da nosa comarca, e nomeadamente do noso Concello.
E certo tamén que para que o novo vial cumpra axeitadamente a sua función deberá quedar liberada, na medida do posible, do tráfico de carácter local, e esto esixe que a rede secundaria estea en perfecto estado e cumpla con todalas garantías de tráfico e de seguridade vial.
E por iso que a existencia deste novo vial non pode deixar no esquezemento a actual estrada e a súa importancia como alternativa para os desplazamentos intramunicipais e como arteria fundamental para todos aqueles veciños de Carballo, nomeadamente os das parroquias de Goiáns e Cances, que por razóns de residencia ou laborais, deberán seguir utilizando a dita estrada de xeito habitual.
Tendo en conta o uso intensivo nos últimos meses, os destrozos inevitables das obras e as continuas modificacións do seu trazado, é patente o deterioro que ten sufrido a actual estrada, co conseguitne perxuicio que eso ocasiona ós seus usuarios habituais, que maioritariamente son veciños do noso Concello, sendo responsabilidade da propia Consellería o seu mantenmento, que deberá asegurar que cando rematen as obras a antiga vía estea en perfecto estado para o seu uso.
Por istes motivos, propoñemos ó Pleno do Concello de Carballo que adopte o seguiente ACORDO:
O Concello de Carballo insta á Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes a que, antes da posta en servicio da nova estrada, se executen, como parte do proxecto da construcción da vía Carballo-Buño, tódolos traballos e obras de reparación e mantemento necesarias para que a actual estrada quede en perfecto estado de uso e con todalas garantías para o tráfico de vehiculos e peóns e para a seguridade vial.