O venres 3 de marzo, ás 20,30h, terá lugar no Pazo da Cultura o acto de presentación de Evencio Ferrero Rodríguez como candidato a alcaldía de Carballo, cando está a piques de cumprir dúas décadas como mandatario.
Ana Pontón en Carballo
Neste evento estará acompañado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Tamén participará a edila Maruxa Suárez. A presentación correrá a cargo de Xurxo Souto.
“Por ti, por Carballo” é o lema que lanzaron desde o BNG. Os nacionalistas lembran o incremento de apoio que vén colleitando Evencio Ferrero, elección tras elección.
De feito o BNG ten 12 dos 21 concelleiros que conforman a corporación local, triplicando en número ao PP, que segue nas últimas eleccións a tendencia contraria ao BNG.
Aspira a renovar a maioría absoluta que ostenta.