150 aniversario do nacemento do carballés Xesús San Luís Romero

0
345
150 aniversario do nacemento do carballés Xesús San Luís Romero

Este venres 9 de setembro é o 150 aniversario do nacemento de Xesús San Luís Romero e por este motivo haberá diferentes actos.
No colexio que leva o seu nome estará habilitada unha exposición sobre a vida e a obra do autor.


Na rúa da Saúde (onde nacera o homenaxeado en 1872), desde as 20h actuará a Banda municipal de gaitas e intervirá o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e o historiador e cronista local Xan Fraga Rodríguez. Tamén haberá unha lectura dramatizada a cargo de Alba Bermúdez e Toño Casais, e dirixida por Artur Trillo.


Xesús San Luís Romero desenvolveu a súa actividade cultural tanto en Galicia coma na Arxentina, sendo autor de obras como “O Fidalgo”, e de distintas obras teatrais, poemas, monólogos, etc e colaborando en xornais e diversas entidades como o Orfeón Gallego de Buenos Aires ou o Centro Republicano de Santiago de Compostela.

Xesús San Luís Romero