Esta longa ponte festiva trouxo consigo varios sucesos. Unha muller 40 anos perdía a vida na estrada comarcal 550, na chamada recta de Caldebarcos. Nada poideron facer as Urxencias Médicas por salvar a vida deste veciña de Quilmas, Carnota, enfermeira de profesión, que era a única ocupante do Ford Fiesta que sufriu un potente impacto logo dunha saída de vía este Venres Santo.
E o sábado outra muller tivo que ser evacuada polo helicóptero Pesca I logo de sufrir unha caída mentres camiñaba entre a capela de Santa Mariña e o embalse do Anllóns, na parroquia de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños.
E un turismo de alta gama quedaba calcinado logo dun incendio na rúa Berdillo, no concello de Carballo. A Garda Civil investigan as causas deste suceso. Unhas forzas de seguridade que tamén nestes días festivos recuperaban nun monte da localidade dumbriesa do Ézaro, unha escultura de San Xoán Bautista que fora roubada na Pobra do Caramiñal.
Xa este domingo, un home resultaba ferido ao ser atropelado por un tractor no lugar de Merexo, no concello de Muxía, onde como informaron fontes de Proteccoín Civil deste concello, dous surfistas tiveron que ser axudados cando estaban en apuros nas proximidades da praia do Lago.