A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia ampliará o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dos plans de mellora de explotacións gandeiras na convocatoria deste ano 2019.
Segundo recolle o xornal El Correo Gallego, a ampliación será como mínimo dun mes. A orde publicarase no Diario Oficial de Galicia antes do remate do prazo, previsto inicialmente para o 15 de setembro.
A información fíxose pública despois das críticas do sindicato Unións Agrarias que denunciou a falta de sensibilidade da Xunta de Galicia e a unha suposta “política de recortes encubertos”.
A nova supón un alivio para moitos gandeiros que tiñan dificultades para a tramitación das axudas, ao estar pendentes de licencias e informes dos concellos.O ano pasado o prazo tamén se prolongou ata o 15 de outubro.