Despois do ciclón Feijóo, a cousa anda revolta

0
572

Image

Recuperamos o noso último Confidencial, no que se fala sobre as expectativas creadas nalgún candidato popular na zona, despois da victoria nas eleccións autonómicas

.

Algún candidato do Partido Popular dos partidos xudiciais de Corcubión ou Carballo resucitou. Cando estaba políticamente recibindo respiración asistida e as perspectivas non eran de todo boas, no caso de que se volvera a presentar,  e incluso desde a propia militancia se estaba comenzando a cuestionar o seu nome, chegou o ciclón electoral de Alberto Núñez Feijóo e este e posiblemente varios  deprimidos dirixentes populares encheron o peito e ven a luz no fondo do túnel.

Da resignación de que tódalas administracións estiveran  representadas polo PSOE e o BNG, pasaron a deitarse un domingo pola noite co regreso ó poder autonómico. Evidentemente, sempre é unha axuda importante que o Presidente da Xunta sexa das siglas propias.  É un impulso pero  non é todo. E nin se pode extrapolar o resultado das eleccións autonómicas nin o das Europeas. Marcan tendencias e pouco máis.

Porque as municipais son outra historia. E se a victoria de Núñez  Feijóo por maioría absoluta foi importante para o partido da gaivota, tamén pode supoñer un freno para a renovación que se vislumbraba nalgún concello. Polo tanto  nalgún municipio da comarca pode haber auténticos pulsos soterrados que acabarán trascendendo a opinión pública. E que ata as grandes victorias ocasionan pequenos problemas

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí