Na rotonda de Bertamiráns-Ames
O camión-esceario da orquestra Olympus sufriu un aparatoso accidente na tarde deste venres,sobre as 17:00h, nunha das rotondas de acceso a autovía Santiago-Brión, a altura de Bertamiráns(Ames).
O condutor, que viaxaba só,non resultou ferido,e puido abandonar o camión polo seu propio pe. O remolque quedou pendurado sobre un noiro da estrada.
Foron mobilizados os efectivos do GES de Brión e da Garda Civil de Tráfico que habilitaron un paso alternativo pola estrada N-543.
FOTOS- FACEBOOK MONTADORES OLYMPUS