O PSOE pide unha proba de drogas para as persoas contratadas polo concello

0
750

 Ana Paramos pensa que no concello da Baña a xente “está moi cansada” e ten ganas dun cambio político.

 

A portavoz municipal do Partido Socialista no concello de A Baña propuxo no pleno da corporación que se incluira nas bases para a contratación de traballadores unha proba de estupefacientes, que incluso se podería trasladar os concelleiros “para maior transparencia co pobo”.

 

Esta chamativa proposta foi explicada no programa “Na Encrucillada”. “Últimamente estanse dando alguns casos de drogas na Baña, e pedimos que o personal que estea en contacto con nenos ou con persoas, que pase unhas probas para ver que non son unha mala influencia” argumentou Ana Paramos.A concelleira socialista aclarou que foi unha cuestión “en xeral” que agarda sexa respostada polo alcalde, a pesares de que o rexedor lle dixo no pleno “que xa sabía por onde vou”.

 

Balance negativo da xestión de Andrés García

 

“Levamos moitos anos sen mellorar, cada vez con menos actividades. A este goberno non se lle ve ilusionado, e só fan o mínimo para manterse no cargo” apuntou Paramos Cebey, debuxando un panorama de “camiños sen arranxar, cunetas sen limpar e baches por tódolos lados”.

 

Desde o PSOE pensan que “a xente está moi cansada e ten ganas dun cambio político”, e critican que as actividades que hai “están centralizadas en San Vicente e non se informa as parroquias”. Ana Paramos está satisfeita coa súa experiencia como voceira xa que “estamos falando cos veciños e podemos trasmitir as súas inquedanzas e tentar solucionar problemas”.

 

Sobre a problemática da Escola de Música e do despedimento do profesor Xoán Leis, os socialistas entenden que “foi o capricho dun concelleiro” e afirman que “non ten sentido” ese despedimento sen que se abrira un “expediente” no caso de que foran certas as razóns expostas polo alcalde.

 

Escoita a entrevista con Ana Paramos 

 

 http://www.ivoox.com/na-encrucillada-3-abril-2014-audios-mp3_rf_2989175_1.html

 

Pode escoitarse desde o minuto 16 do audio 

 

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí