Jorge Tuñas denuncia a falta de capacidade do executivo de Juan Rey(PP)
“O mellor de todo e que xa está acabando a lexislatura” así se expresaba no programa “Na Encrucillada” o portavoz municipal socialista de Negreira para valorar unha lexislatura onde destaca a “parálise case por completo da actividade municipal”.
Para Jorge Tuñas “o goberno ten unhas necesidades distintas as que teñen os veciños” e carece de “capacidade de goberno” e “nin toman decisións”. O voceiro socialista lembrou que en Negreira goberna unha coalición de partidos “con dous candidatos que durante a campaña se chamaron de todo e chegaron o insulto persoal”.
“A coalición mantense por intereses propios e partidistas non por ter unhas boas relacións” sostén Tuñas Caamaño, que destaca que o goberno non se caracteriza polo bo ambiente e si pola “desconfianza entre concelleiros”.
Tuñas lamentouse da situación do concello “coas pistas das parroquias abandonadas” e outros proxectos que seguen pendentes como a ampliación do “colexio público de primaria” ou a mellora da vía Negreira-Pontenafonso. Neste último caso indicou que o presidente da Deputación !nin sequera nos concede unha entrevista!.
Escoita a entrevista con Jorge Tuñas
http://www.ivoox.com/na-encrucillada-12-iii-2014-audios-mp3_rf_2914585_1.html
Desde o minuto 92 pode escoitarse a entrevista