Noticias breves dos concellos de Negreira, Santa Comba, Ponteceso, Corcubión e Fisterra.
Feijóo en Negreira
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo visitou a plataforma loxística que o Sergas ten no Polígono industrial de Cobas en Negreira.
Na súa visita, na que estivo acompañado pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, o presidente autonómico sinalou que “Galicia conta cun centro para toda a Comunidade que se encargará da recepción, garda, custodia e distribución dos produtos necesarios para desenvolver a actividade asistencial: desde produtos sanitarios (laboratorio, implantes e próteses), ata produtos non sanitarios (lencería, material de limpeza e de oficina) e produtos farmacéuticos”.
Charla informativa en Freixeiro
O sindicato Unións Agrarias organiza este vindeiro xoves unha charla na parroquia xalleira de Freixeiro desde as 21:30h da noite para informar sobre o proxecto de parque eólico que afecta a zona. Será no local social.
APIN presenta reclamacións ao orzamento municipal
O voceiro municipal de Agrupación Pondaliana, Xosé Manuel Pose comentaba este luns “Na Encrucillada” as oito alegacións que ven de presentar contra as contas de Ponteceso, as que considera “irreais”. Solicitan a eliminación dos gastos protocolarios, a reducción dos soldos do goberno ou cambios en determinadas partidas.
Pleno en Corcubión
O concello de Corcubión celebra este xoves un pleno extraordinario solicitado polo BNG e no que os nacionalistas piden a demisión do alcalde, Francisco Lema pola súa imputación na Operación Orquesta. O voceiro local, Óscar Insua participa este mércores no programa “Na Encrucillada”.
La mayor tragedia de la Costa da Morte
El Blog Crónicas Nerias acaba de publicar unha reportaxe de Rafael Lema sobre o accidente marítimo do Captain. Pódese ler no seguinte link
http://www.cronicasnerias.blogspot.com.es/2013/04/captain-el-navio-mas-poderoso-del.html
SEGUE A ACTUALIDADE COMARCAL “NA ENCRUCILLADA” DESDE AS 12,00H NO 107.5 FM