Un mozo de 19 anos faleceu no serán deste venres nun accidente de circulación na estrada que comunica Carballo con Santiago de Compostela, despois de saírse da estrada co Seat Córdoba que conducía. A vítima é Fernando Pombo Suárez.
Segundo o centro de emerxencias de Galicia, o turismo precipitouse por un desnivel duns tres metros e quedou envorcado no río Rosende despois de impactar contra un poste de formigón e os quitamedos. Os efectivos mobilizados xa se encontraron a Fernando Pombo sen vida. Sucedeu sobre as sete do serán.
Un novo accidente acontecido na comarca de Bergantiños que incrementa unha axenda tráxica na Costa da Morte co falecemento da artista Paula Sueiro e dunha persoa de 87 anos atropelada na recta de Rus, en Carballo.
Fotos-Televisión de Galicia – Portada Diario de Bergantiños