Unanimidade para render homenaxe ao xalleiro Ignacio Pensado Plágaro

0
485

 Isto non impediu que houbera reproches entre goberno e oposición.

 

Ignacio Pensado Plágaro recibiu os votos de PP, PSOE, Tega e IXSC para ser recoñecido coa medalla de prata da Terra do Xallas. Ademais a nova praza da capital municipal levará o seu nome.

 

Esta unanimidade non ocultou as diferenzas enormes entre PP e IXSC, por un lado, e PSOE, por outro. Foi precisamente José Antonio Ucha o que acusou ao PP de actuar con “cinismo” e de “votar en dúas ocasións” contra o recoñecemento de Pensado. “Eu non esquezo o agravio que lle fixeron e Ignacio tampouco” sinalou o portavoz socialista.

 

 

 

Desde o PP, Antonio Landeira destacou o “apoio aos agricultores e a preocupación polos máis desfavorecidos” de Pensado, así como a súa vinculación ao movemento asociativo e o seu afecto por Santa Comba. Criticou ao PSOE “por facer política do que non debe” e subliñou que “a iniciativa partiu dos veciños”.

 

Miguel Pérez recoñeceu a laboura “do movemento veciñal” para lembrar a “un bo veciño” e acusou ao PSOE “de ensuciar este momento” que debería transcorrer sen polémicas. Segundo Pérez Fernández “Para min Ignacio merece isto e moito máis”.

 

 

 

 

“Ignacio está na mente colectiva.Puxo a semente de moitas ganderías” apuntou Francisco Ameijeiras(Tega) amosando o seu convencemento de que era merecedor “da medalla de ouro”.Ao final e ante a presenza de representantes da plataforma que demandaba a homenaxe, tódolos concelleiros uniron os seus votos para rematar cun proceso de varios anos.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí