“A ver se nos desquitamos na Copa”

0
446

papi2009

O adestrador do Camariñas agarda que o seu equipo faga unha boa Copa da Costa para completar con boa nota a tempada

Juan Cortés Lema fala bastante claro e non agocha os seus obxetivos: “O obxetivo é chegar a final, pero aínda estamos empezando e hai que ir pouco a pouco e tentar superar eliminatorias”. En declaracións a Noroeste-Deportivo de Radio Líder (107.9FM) que se emite agora cada día desde as 13,30h., Papi indicou que coñece ben o seu rival , o Castriz, aínda que houbera preferido coma rival o Clube do Mar.

 

Con respecto a Liga, que non foi mala, lamentou que “houbo un momento no que nos deixamos ir e eso a mín non me gusta”. Papi está ilusionado coa Copa da Costa “para ver se nos desquitamos”. O adestrador do Camariñas foi noticia por facer xogar na liga a futbolistas como Nené, Martín, Diango, Pablo, Gabri, ou Ismael. “Aproveitei para das minutos a xogadores da canteira” afirmou Cortés.

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí